Nancy Spero

The Dancer.Prints, 2003
Nancy Spero foi pioneira da arte feminista e antibelicista nos EEUU. Nos seus collages, litografías e serigrafías aprópiase de imaxes da mitoloxía antiga e usa materiais "pouco nobres" cos que denuncia a desigualdades de xénero e a especificidade do feminino.

Cindy Sherman

Cindy Sherman, Untitled Film Still,#16, 1978
Esta fotografía pertence a Untiteled Film Still, serie na que a artista se autorreta como diferentes mulleres, ou mais ben como estereotipos de mulleres que os mass media perpetúan: ama de casa sexi na cociña- ama de casa farta a piques de coller a porta-muller saindo da ducha con toalla-intelectual,etc. Ollo á fotografía que preside a habitación na que fuma a muller fatal.

Manifiesto SCUM


Se un solo párrafo vos resultou irreverente, descarado ou mesmo contraproducente; se o choque das súas rabiosas palabras contra o voso pensamento racional, desatou canto menos un sorriso; se sinxelamente vos quedastes con ganas de mais, aquí tendes o texto traducido ao español acompañado de un interesante prólogo.

http://www.sindominio.net/karakola/textos/scum.htm


Mary Cassatt (1844-1926)
Corriente: Impresionismo

Ademais de ser unha boa imaxe para describir como me gustaría pasar os vindeiros días, poderíamos facer outras lecturas mais productivas sobre este óleo. Algunhas: 1. Visibilización das mulleres da historia da arte. 2. Socialización e usos do espacio.